PortaPalletas

O portapalletas deseñouse para o transporte de 10 palletas ( tódolos tamaños, de re a sol) de xeito cómodo e seguro dentro dunha caixa de plástico ríxido de gran resistencia. Así mesmo, presenta dous compartimentos nos laterais pensados para incorporar pequenas cantidades de hidroxel que supoñen un engadido de humidade nos días calorosos.

O hidroxel é un polímero capaz de absorber centos de veces o seu peso en auga e, con posterioridade, ila liberando devagar.

Débese empregar o hidroxel tan só en condicións de sequidade no ambiente, como pode ser o período estival. Para isto, poñeremos unha das bólas fornecidas nun vaso de auga durante 8 horas (unha noite) e veremos como esta incrementa de maneira salientable o seu tamaño e tórnase nun composto xelatinoso. Cortaremos a bóla en anacos que caiban nas fendas correspondentes. Cómpre introducir pequenas cantidades e ilas aumentando se fose preciso. Colocaremos, de novo, as tapiñas premendo o xel.

: