Cando comecei a facer palletas e a comercializalas quixen presentalas dun xeito diferente ao que se facía habitualmente, ocorréuseme presentalas nunhas caixas de cartón (as mesmas que se usaban para presentar os cigarros), ao principio parecía un boa idea pero axiña decateime de que estas caixas de cartón duraban pouco e acababan por romper. Por iso quixen ir un pouco máis aló cunha caixa máis definitiva que puidese ofrecer outras vantaxes como a posibilidade de incorporar hidroxel.
Non se pretendía competir coas elaboradas caixas que se poden atopar no mercado con sistemas baseados en carbono e hidróxeno. O obxectivo era solucionar o problema que teñen os gaiteiros nas zonas onde no verán as temperaturas son moi altas e a humidade baixa. O sistema de soporte do Portapalletas permite introducir pequenas cantidades de hidroxel para incorporar algo de humidade dentro da caixa. É MOI conveniente ser cauteloso e ir pouco a pouco, é mellor pecar por defecto que por exceso...
Teña en conta que a maioría dos compoñentes da caixa son de empresas locais. É posible personalizar o logotipo da caixa con calquera outro logotipo.